Friday 19 de April de 2024

O Consello Municipal de Deportes celebra o seu primeiro pleno ordinario


Diferentes entidades da cidade asistiron á sesión e expuxeron as súas propostas

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, presidiu esta tarde o primeiro pleno ordinario do Consello Municipal de Deportes. Trátase dun órgano de participación cidadá sectorial no ámbito deportivo e con carácter consultivo impulsado polo goberno de Inés Rey. Xunto á concelleira, presidiron a sesión o secretario do Consello, Pablo Castedo, e o vicepresidente segundo, Fernando Blanco.

Á sesión asistiron diferentes asociacións e entidades do tecido deportivo municipal, que puideron expoñer as súas propostas, necesidades e demandas directamente ao goberno local. “Queremos agradecervos a implicación desde o primeiro momento para acompañar nos seus pasos iniciais a este incipiente Consello Municipal do Deporte, pero especialmente a todas estas entidades que empezaron a traballar xa nos meses de verán e que aos poucos foron artellando as primeiras ideas que agora traemos a este primeiro pleno ordinario”, agradeceu Mónica Martínez.